martes, 27 de octubre de 2015

HORA DE LER


A nosa compañeira Sofía foi nomeada "LECTORA DO MES" polo equipo da Biblioteca.

Os nosos Parabéns Sofía!!!

 

domingo, 25 de octubre de 2015

O APARATO LOCOMOTOR


             Durante estas semanas estivemos a elaborar o noso primeiro corto en lingua galega. Fixémolo sobre o aparato locomotor. Aparte dos contidos da área de ciencias naturais, aprendimos as seguintes cousas:
* Falar despacio, alto e claro.
* Estar en silencio mentres duraba a grabación.
* As funcións do axudante de cámara.

              Eu penso que estes nenos e nenas teñen moito futuro no mundo da televisión. Que opinades?

https://drive.google.com/file/d/0B3hHEKFo6dg6ZldOMHZmcUdyQjg/view?usp=sharing
 

sábado, 17 de octubre de 2015

O APARATO DIXESTIVO


Xa podedes ver o experimento que fixemos no laboratorio sobre o aparato dixestivo
Premede na imaxe.

https://drive.google.com/file/d/0B3hHEKFo6dg6WmpMSXdQci1MSWs/view?usp=sharing


miércoles, 14 de octubre de 2015

PADRIÑOS LECTORES


Este vernes, os nenos e nenas de segundo baixamos a ler ao alumnado de tres anos. Tras escoller un conto, puxémonos mans á obra. Foi inha experiencia fantástica que repetiremos cada venres.